A Real Filharmonía de Galicia acompaña ao gaiteiro Pablo Devigo na estrea da obra As cousas de Sabela

Diego GarcíaO segundo concerto da temporada da Filharmonía no Auditorio de Galicia
estará dirixido polo galego Diego García Rodríguez

 

 

O concerto deste xoves no Auditorio de Galicia terá un marcado sabor galego, xa que a Real Filharmonía
estará dirixido por Diego García Rodríguez e acompañará ao solista Pablo Devigo, un dos máis reputados
gaiteiros. O concerto conmemora ademais os 25 anos da Asociación Galega de Compositores. Neste
sentido estrearase a peza “As cousas de Sabela”, composta por Javier María López Rodríguez para gaita e
orquestra.

O director García Rodríguez repite ao fronte da Filharmonía logo do notable éxito que acadou con ela no
pasado mes de xullo, cun concerto extraordinario na praza da Quintana. Dos seus recentes compromisos
destacan a dirección musical de Carmen de Bizet na Ópera Baltycka (Polonia); da Orquestra Nova
da Sinfónica de Galicia; a estrea mundial de It makes no Difference... (ópera de cámara do compositor
Simone Spagnolo no festival Tête à Tête en Londres); La Traviata de Verdi no Théâtre de Caen
(Francia) e os seus debuts coa Real Filharmonía de Galicia e a Orquestra Sinfónica de Galicia. García
Rodríguez dirixe o Taller Atlántico Contemporáneo e colabora con outras disciplinas artísticas a través de
ciclos como Os Seráns do TAC e o proxecto Land of Opportunity co grupo Siniestro Total e o compositor
Javier López de Guereña. No 2011 foi director musical da producción do Centro Dramático Galego A
Ópera dos tres Reás. Durante a temporada 2010-2011 do Teatro Real de Madrid colaborou con Paul
Daniel na producción Król Roger de Szymanowsky e con Josep Pons en The turn of the screw de Britten.
A London Sinfonietta selecciónao para participar no seu primeiro programa de xóvenes directores na
London Sinfonietta Academy 2010.

 

Real Filharmonía de Galicia
Diego García Rodríguez, director
Pablo Devigo, gaita

T. Takemitsu, Requiem
J. M. López Rodríguez, As cousas de Sabela
F. Schubert, Sinfonía núm. 2 en Si bemol maior, D 125

DÍA: Xoves 11 de outubro de 2012
HORA: : 21:00 horas
LUGAR: Auditorio de Galicia (Avda Burgo das Nacións, s/n.

Santiago de Compostela)